A Cabalgata de Reis de Camariñas será marítima

08:05 02/12/20
Coa intención de evitar aglomeracións, pero pensando nos máis peques, Camariñas non quere evitar realizar a cabalgata de Reis. Por iso formula unha idea, realizarán unha cabalgata marítima, entrando en Galicia en barco por Camariñas para repartir regalos e ilusións por todos os fogares.
Melchor confirmoulle á rexedora que antes enviarán ás casas de todos os nenos e nenas de Camariñas unha carta e unha bolsa de gominolas.