Luns. 06.04.2020
El tiempo

Os parlamentarios do IES Pedra da Aguia, potencia galega en materia de debate

Alumnado do IES Pedra da Aguia no Parlamento Xove
Alumnado do IES Pedra da Aguia no Parlamento Xove
Os parlamentarios do IES Pedra da Aguia, potencia galega en materia de debate

O IES Pedra da Aguia, potencia galega en materia de debate

Os novos Parlamentarios do IES Pedra da Aguia xa coñecen a realidade

A pasada fin de semana tivo lugar en Culleredo unha nova edición do Parlamento Xove, na que 22 equipos de toda Galicia de 3º e 4º da ESO se enfrontaron entre sí en debates nos que tiñan que argumentar se era conveniente incrementar as sancións a empresas e particulares que cometerán delitos medioambientais.

Non faltaron os catro alumnos de 3º da ESO que representaron ao IES Pedra da Aguia de Camariñas. Os tamén embaixadores júnior do Parlamento europeo, participaron activamente nos debates pese a non pasar á fase final. Laura, Noa, Borja e Álvaro defenderon a súas posturas de xeito moi brillante. Os seus sólidos argumentos, unhas veces a favor e outras en contra, sempre estiveron respaldados por claras evidencias.

Porén, os resultados non foron todo o positivo que esperaban, pois o xurado valorou máis as formas que o contido dos argumentos (unha boa demostración do que é a política a día de hoxe), e parece que os costeiros son dos que non paran quietos no atril.

Centro Educativo Ambiental

Outra gran nova para o centro da Ponte é a consecución da calificación de “Centros educativos ambientais” para o vindeiro curso, o que motivou os parabéns da Conselleira de Educación, xa que é o único centro de Galicia en participar nese programa, que permitirá a 25 alumnos da ESO viaxar á localidade cántabra de Viérnoles para estudar o tema dos microplásticos.

Novas actividades

De volta ao Centro, esta semana recibirán a visita de Horacio Díez, representante da Oficina do Parlamento Europeo en Madrid, para facer unhas dinámicas cos novos embaixadores e para observar de preto os proxectos que temos en marcha. Estes proxectos culminarán, se o coronavirus o permite, cunha a viaxe a Bruxelas para celebrar alí o Día de Europa o 9 de maio.

Ademais, este martes acollerá un faladoiro sobre os estereotipos de xénero no mundo audiovisual. 87 escolares do centro escoitarán as inquedanzas de David Fidalgo, do sector audiovisual e nominado varias veces aos premios Goya, e Xisela Pastoriza, do mundo da educación e colaboradora coa Rede Talento. David, ademais, vén de recibir un Mestre Mateo na gala do pasado sábado.

comentarios