Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Pesca, exposición e atletismo, trío de actividades en Camariñas

Pesca, exposición e atletismo, trío de actividades en Camariñas

Está Camariñas desbocada. Varias afrentas ten para este vindeiro mes de marzo. Así recollemos aquí un campionato de Pesca, unha carreira Pedestre e una exposición medioambiental.

Campionato de Pesca Cabo Vilán

V Campionato de Pesca de Camariñas 2013

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turísticia de Camariñas organiza a 5ª edición do Campionato de Pesca Mar-Costa Cabo Vilán de Camariñas. Levarase a cabo o sábado 9 de marzo de 2013 e haberá máis de 1800€ en premios.

A inscrición é de 50€ (inclue comida, cea e licenza federativa); 35€ para os que xa teñen licenza.

Exposición medioambiental

Exposicion Cambio Climatico do Ceida

A asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas, dende o gran atractivo turístico que supón visitar o Faro Vilán de Camariñas, ofrece unha amplia variedade de exposicións o largo de todo o ano 2013.

Así, dende xa ata o día 04 de marzo de 2013 contan cunha exposición educativa cedida por CEIDA Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, cuio titulo é "Cambio Climático: O noso mundo, O noso futuro, A nosa opción".
A entrada e gratuita, o horario de visitas é de mércores a domingo (ambos incluídos) en horario de 11 a 14, e de 15.30 a 19 horas, este horario manteráse ata semana santa.

VII Carreira Pedestre Popular de Costa da Morte

A VII Carreira Pedestre da Costa da Morte será por Camariñas

As rúas de Camariñas acollerán o domingo 3 de marzo, a VII Carreira Pedestre Popular de Costa da Morte, que organiza o Grupo Correo Galego. A proba constará este ano de catro carreiras, e comezará ás 10.00 horas coa participación dos atletas de categorías xuvenil, cadete e infantil. Ás 11 partirán os alevines e benjamines, e media hora despois os pitufos (nacidos entre 2006 e 2009).

Os ganadores en categoría absoluta levaranse un trofeo e 600 euros, mentres que os segundos clasificados percibirán 450, e os terceiros 300€. Ademais, haberá un premio de 150 euros para os primeiros clasificados de Camariñas e de Costa da Morte.


Fonte


Comentarios