luns. 27.10.2025
El tiempo

Piden 14 anos para o atracador da sucursal bancaria da Ponte do Porto

Detido polo roubo no banco da Ponte do Porto
Imaxe das cámaras interiores no roubo
Piden 14 anos para o atracador da sucursal bancaria da Ponte do Porto

A Audiencia Provincial da Coruña acolle o día 30 un xuízo por roubo con violencia nunha sucursal bancaria na Ponte do Porto, en febreiro de 2024, e polo que Fiscalía pide para as acusado penas que suman 14 anos de prisión.

O acusado, que atou os brazos e as pernas do traallador e ameazoulle con matalo, apoderouse en total de 44.380 euros en metálico. Polo delito de roubo con violencia e intimidación, pídese para el a pena de cinco anos de prisión; catro de cárcere por lesións e outro cinco anos por detención ilegal.

Comentarios