Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Póker de deseñadoras para convertir o encaixe no gran elemento diferenciador de moda

Desenos de Ana Cabranes na Mostra do Encaixe de Camarinas
Os deseños de Ana Cabranes volverán estar na Mostra do Encaixe de Camariñas
Póker de deseñadoras para convertir o encaixe no gran elemento diferenciador de moda

Co programa xa presentado, Camariñas segue confirmando a presencia de grandes nomes da pasarela estatal na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas. Nomes que demostran a conversión dunha artesanía centenaria nun produto da máis moderna moda. Nomes que demostran que moda e tradición maceran de marabilla convertindo o encaixe nun elemento “diferenciador”.

Ao longo destas semanas a organización presentou unha serie de nomes que non pasan desapercibidos para os entendidos no mundo da moda. Nomes como Erika Gómez, Ana Cabranes, Edith del Valle, Sara Lage, Amaya Fernández, Noriko Hashizume ou Esteban Freiría non faltarán á cita ca Semana Santa camariñá.

Erika Gómez, a deseñadora vasca, alma máter de Twin and Chic, na súa primeira Mostra, traballará as súas composicións con algodón orgánico. Uns artigos para os máis pequenos sempre dende unha persperctiva de sostibilidade.

A que nunca falla é a veterana Ana Cabranes repetirá un ano máis, presentando catro conxuntos moi innovadores, que incluirán novos tecidos. Ana é unha devota do encaixe, e así o demostra coas súas composicións. O feito de combinar encaixe con tea é algo laborioso, pero “merece la pena”, comentas.

Tamén estará Edith del Valle. A deseñadora compostelá estará por segundo ano na Mostra, despois do debut do ano pasado que para ela foi “unha das mellores experiencias que tiven no mundo da moda”. Edith considera a Mostra como “un evento importante de exaltación da artesanía galega e dos artesáns xa que mestura moda e tradición, a través do encaixe, nunha pasarela, o que a fai única”. Ademais, despois da súa primeira participación, destaca a súa parte humana xa que “atopei xente moi profesional e o cariño que se transmite no backstage e fóra de pasarela é de admirar”.

A deseñadora galega Sara Lage estará por terceiro ano, despois de comezar no concurso de ‘Jóvenes Diseñadores’, que este ano conta con 29 participanrtes. Lage traerá unha colección de noiva, sector ao que se dedica habitualmente, pero “cun toque un pouco diferente ao habitual”, afirma.

Desenos de Amaya Fdez na Mostra de Encaixe de Camarinas

Tamén será a terceira Mostra de Amaya Fernández. A deseñadora viguesa considera que “actualmente a Mostra é o mellor escaparate de moda que hai a nivel Galicia” e nesta edición presentará unha colección de traxes de noiva (nesta imaxe), a súa especialidade. Do encaixe como complemento opina que “é unha das partes máis importantes. Eu creo que é como a guinda do pastel, enriquece moitísimo xa que é unha cousa propia da nosa terra”.

Un dos veteranos, que xa leva 6 Mostras, é Esteban Freiría. O deseñador galego, afincando en Marbella, traerá unha colección innovadora de alta costura feita integramente con materiais e encaixe reciclados.

A reputada deseñadora valenciana Dolores Cortés, que debutou o ano pasado na Mostra, repetirá asistencia e
amosouse “encantada de que me invitaran después de lo vivido el año pasado, me encantó Camariñas y sus alrededores, no lo conocía y disfruté mucho”.

Unha das que está inmersa nun proceso de expansión, é a deseñadora granadina Claudina Mata. A pesar da súa curta idade, con esta xa é a cuarta participación na Mostra, un evento no que está totalmente consolidada. Claudina amósase namorada de Camariñas e da súa tradición e afirma que “si colaborando con la Mostra puedo aportar un granito y hacer que el encaje no se pierda por supuesto que voy a hacerlo. Me parece
impresionante que desde un pueblecito tan pequeño sean capaces de movilizar al mundo entero”.

E en clave internacional, a Mostra contará coa presencia de Noriko Hashizume. A deseñadora xaponesa repetirá por terceiro ano consecutivo. cunha colección de kimonos de verán con encaixe.

Novas relacionadas

Comentarios