mércores. 30.04.2025
El tiempo

O PP pediu en Camariñas máis cuarteis e máis medios para a Garda Civil

Ana Vázquez e Marta González-Paula Mouzo e Evaristo Ben PP Camarinas
As deputadas no Congreso Ana Vázquez e Marta González na foto xunto coa deputada autonómica e portavoz popular Paula Mouzo Mas e o secretario xeral provincial, Evaristo Ben.
O PP pediu en Camariñas máis cuarteis e máis medios para a Garda Civil

Recibía a vila de Camariñas a visita da deputada estatal Ana Vázquez Blanco. Acompañada pola deputada Marta González, e o secretario xeral provincial do PP, Evaristo Ben, a comitiva foi recibida pola deputada autonómica e portavoz local, Paula Mouzo Mas, que fixo de anfitriona.

Nunha cita para denunciar o desmantelamento da seguridade no medio rural. “A semana pasada presentamos unha iniciativa no Congreso dos deputados pedindo on incremento dos efectivos na provincia da Coruña e que non se pechen os cuarteis", sinalou Ana Vázquez. "Temos dereito a estar libres e seguros vivamos onde vivamos. Agora imos presentar mocións nos concellos, tamén en Camariñas e na Costa da Morte".

Sinalaron que "dos 45 cuarteis que hai na provincia da Coruña só seis permanecen abertos de noite. En Camariñas durante todo o verán non abriron practicamente ningún día. Apuntaron ademais que "de 1800 axentes da provincia uns 630 están de baixa médica e  ademais temos 200 prazas sen cubrir"

Pola súa parte, Mouzo agradeceu a visita, e aproveitou para criticar tanto o goberno de Sánchez como o estado "de manga por hombro" dos orzamentos de Camariñas.

Comentarios