Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Recuncho da Costa: As praias do Trece e a Duna Monte Branco

Praias do Trece e duna Monte Branco
Praias do Trece e duna Monte Branco
Recuncho da Costa: As praias do Trece e a Duna Monte Branco

Unha das nosas rutas favoritas de toda a comarca é a pista que une Arou co Cabo Vilán. Unha pista de terra que, a pesar de sufrir as consecuencias dos temporais, é unha verdadeira marabilla para os sentidos convertíndose nun dos lugares máis virxes da zona. Son innumerables as paradas obrigadas entre os dous puntos, así que iremos facendo unha visita a cada un dos puntos de interese para completar finalmente a ruta completa, pola que ademais percorre a 5ª etapa do Camiño dos Faros.

A saída da rúa faise en Arou, onde hai que coller, cara o sur da vila, unha pista de cemento que escada a montaña e que nos conecta co cemiterio, despois de pasar o desvío para Santa Mariña (outra fermosa parada, unha viña mariñeira senporsen). A partir do cemiterio, a man dereita, nace a pista.

A primeira parada será a Duna Monte Branco. Son 150 metros de area, que a convirte nunha das dunas rampantes máis altas de Europa. É o vento o causante de convertir a area nunha grande escaladora, creando unha pasaxe absolutamentre singular.

Embaixo atopamos as praias do Trece. Habitualmente solitarias pois o vento soe azotar o lugar, son auténticos paraísos terrenais.

Duna Monte Branco e as Praias do Trece de Camarinas

                               Praias do Trece e duna Monte Branco

Como chegar

 

RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios