Mércores. 01.02.2023
El tiempo

Rematadas as obras de rehabilitación da Casa de Man en Camelle

A Casa de Man antes e despois da restauración
Rematadas as obras de rehabilitación da Casa de Man en Camelle
 O "xardín" de Man terá que esperar. As obras de rehabilitación centráronse na Casa A finais de ano xa estaba a obra case rematada, pero onte vén de completar Deputación da Coruña as obras de rehabilitación e mellora da Casa de Man en Camelle, nas que se investiron preto dos 20.000€.

Os traballos

Os traballos incluíron a limpeza do interior da caseta, que se atopaba recuberta de terra e material orgánico e na recuperación dos ocos traballados que serviron de apoio a outros materiais, principalmente madeiras, que serviron de apoio ás pezas artísticas do imaxinario de Man, que conformaba a estancia. Tamén se levou a cabo o selado das gretas existentes, a reparación do forxado da cuberta, o pintado do teito, a reparación da estrutura de formigón e a reposición dos vidros, entre outras actuacións que teñen como obxectivo recuperar a Casa de Man e contribuír á conservación do seu legado artístico, cargado dun simbolismo amplamente coñecido na Costa da Morte.


Renovación dos vidros


Equipo de rehabilitación

Casa do Aleman de Camelle recen restaurada copiaCasa recén restaurada

Novas relacionadas

Fonte

comentarios