Rematadas as obras de rehabilitación da Casa de Man en Camelle
16:21 26/02/18
O "xardín" de Man terá que esperar. As obras de rehabilitación centráronse na Casa A finais de ano xa estaba a obra case rematada, pero onte vén de completar Deputación da Coruña as obras de rehabilitación e mellora da Casa de Man en Camelle, nas que se investiron preto dos 20.000€.
Os traballos
Os traballos incluíron a limpeza do interior da caseta, que se atopaba recuberta de terra e material orgánico e na recuperación dos ocos traballados que serviron de apoio a outros materiais, principalmente madeiras, que serviron de apoio ás pezas artísticas do imaxinario de Man, que conformaba a estancia. Tamén se levou a cabo o selado das gretas existentes, a reparación do forxado da cuberta, o pintado do teito, a reparación da estrutura de formigón e a reposición dos vidros, entre outras actuacións que teñen como obxectivo recuperar a Casa de Man e contribuír á conservación do seu legado artístico, cargado dun simbolismo amplamente coñecido na Costa da Morte.
Renovación dos vidros
Equipo de rehabilitación
Casa recén restaurada
Novas relacionadas
- Xaneiro 18: Man volve ter casa en Camelle.
- Novembro 17: “Vai cambiar moito a imaxe da Casa de Man”
- Novembro 17:#15anosdoPrestige: “É mellor pensar foi unha película que se rodou aquí”.
- Abril 17: A USC e o concello de Camariñas únense para estudar o legado documental de Man.
- Novembro 16: Aprobado, por fin, o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle.
- Xaneiro 2016: Camariñas poderá rehabilitar a Casa de Man de Camelle.
- Xuño 2015: Un Museo para as libretas de Man.
- Abril 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Maio 2015: Obradoiros MAN: O crebeiro artista.
- Maio 2015: Obradoiros Mar, Arte e Natureza para recuperar a base de creatividade o legado de Man.
- Abrio 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Decembro 2014: Man de Camelle xa ten o seu proxecto de rehabilitación.
- Decembro 2011: Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- Setembro 2011: Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Lorena en Verde: Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).