Requisan 134 kg de percebe en Santa Mariña, a maior incautación realizada en Galicia

10:22 24/07/21
Nova actuación contra o furtivismo a realizada este días pola Garda Civil en Santa Mariña, Arou, Camariñas. Os axentes, durante un control, viron achegarse ao porto unha embarcación con 4 persoas a bordo. 2 entraron nas dependencias e saíron cambiados para proceder á descarga.
Meteron os sacos co marisc e os equipos de buceo nun vehículo e saíron cada un nun coche, facendo un de coche lanzadera.
Os axentes deron o alto aos vehículos, comprobando que tiñan 4 sacos de percebe (nada menos que 134kg) sen identificar. Trátase da maior aprehensión realizada en Galicia nunha única actuación.
Os axentes procecederon á confección das pertinentes denuncias aos dous homes, ademais de incautar o percebe (que foi doado ao comedor social Rías Altas da Coruña) e a embarcación.
Os outros dous homes, que quedaron no porto, escaparon sen ser identificados, se ben a Garda Civil atopou os seusbrraxes agochados no peirao.
Os 4 son reincidentes e xa levaban tempo roubando percebes na zona.