Outro rescate de mariñeiros a mariñeiros esta mañá na ría de Camariñas

12:21 15/12/21
Un novo barco foi ao fondo do mar esta mañá de mércores 15 de decembro. Desta volta era o Nuevo María de Carmen, con base en Camariñas, o que afundía na zona do Vilán.
Afortunadamente, preto estaba o barco Borrasca II, que informaba a Salvamento Marítimi vía VHF ás 11:42 do afundimento, e tamén do rescate dos dous tripulantes, que estaban a salvo e que non necesitan asistencia sanitaria. O barco vai cara o porto de Camariñas.
Salvamento enviou á embarcación Altair para comprobar a zona.