Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un pesqueiro rescata dous mariñeiros que caeran ao mar preto do Cabo da Nasa

Rescatando o barco afundido no Cabo da Nasa
Así rescataban o barco
Un pesqueiro rescata dous mariñeiros que caeran ao mar preto do Cabo da Nasa

Susto tremendo esta mañá no mar de Fisterra. Dous mariñeiros caían á auga esta mañá preto do Cabo da Nasa, cando envorcaba a súa embarcación, o Raygon.

O Centro Salvamento Marítimo de Fisterra recibía a alarma ás 7:49h, da man das embarcacións que había no arredor. Embarcacións que afortunadamente podían rescatar sans e salvos aos dous mariñeiros, en aparente bo estado. De feito, non necesitaron asistencia da ambulancia.

Pasadas as 10:00h a Auxiliar do Don Inda, e varios pesqueiros conseguiron reflotar a embarcación, que estaba enganchada ao fondo polas redes.

Comentarios