mércores. 30.04.2025
El tiempo

O SAF enfronta ao pleno de Camariñas

Imaxe do pleno de investidura de xuno 2023 en Camarinas
Imaxe dun pleno do ano pasado
O SAF enfronta ao pleno de Camariñas

Afrontaba o pleno do pasado mércores 31 de xullo en Camariñas unha moción importante en relación ao Servizo de Axuda no Fogar. O grupo de goberno socialista presentaba unha moción para rescindir o contrato coa empresa que xestiona o SAF no municipio, e presentar un novo pliego de contratación. Pero a moción foi retirada a última hora ao non haber consenso, circunstancia que o PP califica de “surrealista”.

Se o BNG se manifestaba disposto a apoiar a proposta, dende o PP ía absterse, polo que a rexedora preferiu retirar o punto da orde do día. Desde O BNG de Camariñas critican a postura do PP por non apoiar a proposta, e tamén censuran a decisión da alcaldesa Sandra Insua por non seguir adiante coa mesma e que fose aprobada polo Pleno.

Pola súa parte Paula Mouzo denunciaba que “este goberno con maioría absoluta, que non conta para nada coa oposición, quere que a oposición lle saque as castañas do lume”. Pregúntase polos pliegos anunciados pola rexedora nos medios e entende a premura por presentar esta moción á intención das traballadoras de facer unha concentración ñas portas do Concello. “Unha proposta que o mesmo PSOE nin apoia nin deixa de apoiar. Agora quere consenso. Unha proposta feita para evitar unha foto con pancartas. Que conta con informes negativos de Intervención e Secretaría”, denunciaba Mouzo na súa intervención, relatando que na comisión a propia rexedora deixou claro que “non me vou a comer o marrón seu sola” despois de mencionar que se podería estar incurrindo nun “fraude de lei”.

Outras mocións

O Pleno aprobou unha MOCIÓN presentada polo voceiro do BNG de Camariñas na que se insta á Consellería de Educación a mellorar a seguridade para as crianzas na contorna da escola infantil de Camelle, e a dotar dunha cuberta no recinto do parque infantil para que os nenos e as nenas poidan realizar actividades no exterior da escola todos os días do ano. O PP aceptou a proposta incluíndo unha enmenda para arranxar o parque infantil.

Asi mesmo aprobouse, coa abstención do PP, a proposta do PSOE de destinar a gasto corrente 133.000 euros dun plan provincial, e un novo modificativo de crédito unha vez que o Concello non conta con orzamentos dende 2022.

Por parte do BNG, Xurxo Rodríguez rogou o arranxo as importantes deficiencias de seguridade na estrada que vai desde Ponte do Porto a Camelle, pediu limpar os cristais das praias por parte da empresa encargada, proceder na limpeza de arquetas de pluviais, así como a Elaboración por parte do goberno municipal do Regulamento Orgánico Municipal. Ademais reiteirou a petición de gravar e emitir as sesións plenarias.
Tamén preguntou polas sombrillas que hai nas árbores da Praza do Carmen, a reparación do paseo marítimo, o saneamento da estrada á depuradora.

Outras propostas do PP

O Partido Popular de Camariñas presentou varias preguntas relacionadas cun vertido nas augas do Río Grande de Ponte do Porto o pasado 19 de xullo, e despois de trasladar as queixas veciñais sobre os problemas de tráfico na Rúa Nova de Camelle. Tamén nos interesamos polo pago das subvencións ás entidades deportivas que xa se encontran ultimando a nova tempada.
No apartado de rogos, a portavoz popular pediu que, dunha vez por todas, o goberno local elabora os “pliegos” para a licitación do Servizo de Axuda no Fogar. Tamén criticou o abandono das parroquias, con cunetas e pistas sen limpar e outras moi “mal limpas”, poñendo exemplos de varios lugares en Xaviña e Camariñas. Ademáis solicitamos o arranxo dunha tirolina que se encontra en mal estado na Area da Vila.

Comentarios