Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As traballadoras do SAF de Camariñas esixen unha actualización dos seus soldos

MULLERES-COIDADORAS-1078x516
As traballadoras do SAF de Camariñas esixen unha actualización dos seus soldos

Se as de Muxía levan meses de mobilizacións, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Camariñas non ían ser menos, e esta semana lanzan un comunicado a través de UXT no que denuncian que están a cobrar por baixo do establecido nas táboas salariais do seu convenio colectivo, e que a empresa concesionaria do servizo, Sociser Galicia, non actualizou os soldos de 2023 nin aplicou a subida en 2024.

Co contrato municipal prorrogado dende 2022, a empresa asegura non ter cartos abondos para facer efectiva a subida das táboas, polo que, en 2023, cando tiñan que aplicar a subida do 5,7 % (conforme ao IPC do ano anterior), o incremento foi de só o 3,5 %, mentres que tampouco se aplicou este ano a subida correspondente, do 3,1 %.

Sinalan tamén que os plus de festivos e domingos non se están incrementando, polo que as traballadoras non teñen máis remedio que saír á voz pública.

As traballadoras e o sindicato puxeron a situación en coñecemento do goberno local de Camariñas nunha reunión o pasado 1 de febreiro, e apuntaron que as empregadas (un persoal de 25 persoas) tiveron que interpor demandas individuais, ademais dunha demanda colectiva para reclamar o abono das cantidades debidas.

Mentres esperan a resolución da demanda, esperan que o Concello anra novos pregos de contratación, cunha clara actualización económica, antes de xuño, cando remata a actual prórrroga.

”As rapazas estamos encrespadas”, recoñecen as propias traballadoras malia recoñecer que non sofren retrasos nos pagos, e deixando claro que por agora non teñen intención de realizar accións de presión, porque “contra a alcaldesa mon temos nada”,

Finalmente, tamén se puxeron en coñecemento do goberno local outros problemas no servizo, como o excesivo número de contratos a tempo parcial ou problemas laborais relacionados coa xestión do devandito servizo.

Máis novas

Comentarios