Salvamento Marítimo acode ao rescate dun veleiro a 30 millas da costa camariñá
09:20 25/01/11
Novo susto nas augas da Costa da Morte. Un veleiro francés, con 2 tripulantes a bordo tivo que ser rescatado por Salvamento marítimo a 30 millas da Costa. O veleiro "Daforc' h" perdeu o control esta mesma mañá, debido ás malas condicións metereolóxicas con mar de fondo e ventos de forza 7.
E como podemos ver na imaxe de www.atlantic-source.com/trafico-maritimo, a embarcación Altair de Salvamar tivo que saír a 30 millas nunha maniobra de rescate para achegar ao porto camariñán ao veleiro.
Novas relacionadas
- Un pescador falece en Fisterra cando ía ao mar.
- Rescatan a unha muller que caíu ao mar en Caldebarcos.
- As imprudencias no mar páganse.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
Fonte
- ADN.
- Imaxe de www.atlantic-source.com/trafico-maritimo.