Sufocado a tempo un incendio nunha vivenda na Ponte do Porto
10:47 20/02/21
Noite completa a de onte para os Bombeiros de Cee. Ás 21:00h tiñan que saír ata a Pereiriña, para facer unhas labores de prevención e retirar uns cables dunha liña eléctrica que caeran sobre a estrada AC552, no cruce de A Pereiriña.
Pouco despois eran chamados por un incendio nunha vivenda na Ponte do Porto. Ao parecer era a caldeira da calefacción. Os veciños afectados conseguían sufocar o lume, e á chegada dos Bombeiros ao lugar o lume xa estaba controlado e non había risco de reinicio. Tamén participou a Garda Civil de Vimianzo.