Sufocan un pequeno incendio nun alpendre da Dor
10:49 29/01/21
Eran as 1:40 da madrugada, cando un veciño de Dor, na Ponte do Porto, Camariñas, decatouse de que había lume no seu alpendre. Un alpendre que fai de garaxe e que está pegado á vivenda, onde ademais do vehículo había outros aperos e varias bombonas.
O veciño sacou rápido o coche e as bombonas, e se puxo a botar auga cunha mangueira de xardín. Chegaron os Bombeiros, que extinguiron os rescoldos da leña, e comprobaron que non afectase á estrutura do alpendre.
Comprobaron que non houbera tempreraturas altas e xa que apenas quedaba fume, polo que deron por rematado o traballo sin máis novedades que a perda do material que ardeu.