Mércores. 24.04.2024
El tiempo

De La Turballe a Camariñas en bici en clave de irmandamento

Cicloruta de La Tourballe a Camarinas 2
De La Turballe a Camariñas en bici en clave de irmandamento

Para moitas cousas serven os Irmandamentos entre vilas galegas e lugares do mundo. Desta volta son un grupo de ciclistas os que unen La Turballe e Camariñas estes días por estrada, co gallo do 5º anivesario do irmandamento entre as dúas vilas.

Son un grupo de 10 ciclistas franceses, acompañados por varios ciclistas do Baikers do Vilán os que xa están en marcha. Chegarán a Santiago o xoves 16 para o día seguinte continuar ata Camariñas, cubrindo en total 1.582 quilómetros. Farán paradas en Jard sur Mer, Royan, Cap Ferret, Anglet, Mondragón, Burgos, León, Ponferrada, Sarria, Santiago de Compostela e Camariñas. Está previsto a súa chegada o venres 17 ás 17 horas á capital do encaixe.

Neste Grupo de Facebook van contando a experiencia en tempo real.

Dende o Concello invitan a todo aquel que se anime a acompañar ao grupo na última xornada.

Cicloruta de La Tourballe a Camarinas

Novas relacionadas

Comentarios