Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As rexedoras de Camariñas e Vimianzo oficializaron o irmandamento coa vila Suiza de Delémont

Alcaldesa de Vimianzo e Camarinas en Delemont 1
Mónica Rodíguez e Sandra Insua co alcalde de Delemont
As rexedoras de Camariñas e Vimianzo oficializaron o irmandamento coa vila Suiza de Delémont

Ata Suíza se desprazaron as alcaldesas de Vimianzo e Camariñas xunto co tenente de alcaldesa de Vimianzo, Víctor Muíño, e a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, Begoña Tajes. Foron concretar a irmandade coa vila de Delemont, capital do cantón de Jura, da man do seu rexedor Damiel Chappuis.

Unha irmandamento que cora máis sentido tendo en conta que no cantón viven centenares de persoas con pasado na Costa da Morte. “Os vínculos con Camariñas e Vimianzo son sobre todo humanos! Dende 1960 os galegos abandonaron por causas económicas a súa terra natal para aterrar no Jura, e na actualidade preto de 350 veciñas e veciñas da serra son galegos, a maioría vencellados e vencelladas directamente con Camariñas e Vimianzo”, proclamaba Chappuis.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, remarcou que “é un auténtico orgullo, e máis logo de pasar todo o que pasamos, tender pontes cunha sociedade tan similar á nosa e con tanta influencia galega”, sinalaba, á vez que aludía a que “un dos nosos obxectivos prioritarios á hora de facer política ten que ser a de unir, a de fomentar a convivencia e de facer fogar aló por onde imos”. Sandra Insua, pola súa banda, subliñou a “relevancia deste acontecemento”, á vez que sinalou que “desde Camariñas, Vimianzo e toda a Costa da Morte a nosa porta estará sempre aberta de cara o futuro, máis esperanzador hoxe ca nunca”.

Novas relacionadas

Comentarios