Unha de candidatos en proceso xudicial
Mellor estarían calados ou eliminando aos imputados de todas as listas. Pero prefiren manter aos candidatos con sombra xudicial nas súas propostas electorais e saír criticando con notas de prensa. Así están PP e PSOE, que en 3 días enviaron 2 notas de prensa por partido. E todo mentres os dous partidos están máis que salpicados:
- Polo PP, 2 candidatos ás alcaldías da bisbarra están inmersos na trama da Operación Orquesta (os alcaldes de Fisterra e Mazaricos, José Manuel Trabal, e José Santos Maneiro, que se volven presentar como candidatos). Ademais, Alberto Blanco, candidato en Muxía, foi procesado por un xulgado do penal, e condenado por desobediencia (condena xa cumprida con arresto domiciliario) e se encontra agora mesmo imputado noutra causa por falsificación documental.
- Polo PSOE o alcalde camariñán Manuel Valeriano Alonso vén de ser acusado de contratación indebida e o de Muxía, Félix Porto, ten enriba da mesa unha denuncia por furtivismo, segundo denuncia o PP. Porto ademais está imputado polo caso do Axente Electoral.
O argumento do PP quédase no "cumprimos estritamente coa legalidade ao non levar ningún membro da lista condenado por sentenza ou inhabilitado, tal e como recolle a Lei Electoral".
Pola súa banda o PSOE pide que o PP sexa contudente cos seus candidatos imputados e os retire das listas, conscientes de que o más probable é que volvab gañar. Responde o PP argumentando "debilidade poítica" por parte socialista por desprestixiar aos seus candidatos"...
Nesa liña, varios candidatos do PP pedían a semana pasada a dimisión de Vigo, pero ollo, non o facían, por orde de arriba, por estar imputado, senón pola suposta ilegalidade da súa consulta médica, pola cal debería ser imputado igualmente.
Máis información
Novas relacionadas
- O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
- Repaso ao sumario da Operación Orquesta (IV): De verbena no Parlamento.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa de PP e PSOE.