Luns. 06.05.2024
El tiempo

Volve a marexada á Confraría de Camariñas

Confraria de Camarinas
Volve a marexada á Confraría de Camariñas
Pouco durou a paz na Confraría Virxe do Monte de Camariñas. Tras uns meses de calma, volven as tormentas, como se pode destacar trala denuncia que veñen de presentar unhas 50 persoas socias da confaría, ante o que consideran unha cota discriminatoria que órganos de goberno queren impoñer pola forza aos mariscadores e embarcacións con recursos específicos, quedando exentos o resto de socios, e creando así unha discriminación notoria”.

Así o denuncian un grupo de 50 de integrantes do pósitivo, que critican que unha única persoa pasará a pagar ata 4 cotas de socio e se establecen as novas cotas por cada recurso. ”Que paguen todos ou que non paguen ningún”, sinalan os afectados tendo en conta que os barcos que non teñen recursos específicos asignados quedan exentos de cota algunha.

Unha decisión que se toma ademais, segundo critican os afectados, “sen presentar as contas, algo que non fixeron nos 8 anos que levan na dirección a pesar de estar obrigados a presentalos por lei”.

Outro sector afectado polo que lle chaman “imposto revolucionario” é o do marisqueo, que leva sendo “coaccionado” pola confraría de xeito que “se non pagan non lles van renovar os permisos para seguir faenando”. Un feito que agrava a preocupante situación das mariscadoras da vila, que viven cun tope de 2 kg de ameixa por día, co que apenas poden pagar a seguridade social.

Critican ademais a deixadez do pósito coas mariscadoras, sendo a “única confraría de Galicia que no solicitou as axudas para as súas mariscadoras polas riadas sufridas”, como tampouco para os “proxectos de rexenración” subvencionados pola Unión Europea, como o de Restauración de ecosistemas mariños ou de Mellora da produtividade de bancos mariñeiros da Xunta.

Critican tamén que a cota mensual se cobre nun só recibo anual, e veñen de presentar un escrito á xunta xeral solicitando a anulación da cota, e se non o fan “denunciaremos por prevaricación aos membros da xunta xeral”.

Comentarios