Xabier Díaz porá a nota musical á Mostra de Encaixe

Non paran de chegar novidades arredor da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas - Deputación da Coruña, a 15 días do seu comezo. Desta volta é en clave musiqueira, pois Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, dará un concerto sábado 16 de abril ás 22:00 horas na Praza do Mercado.

O artista estivo hoxe no Museo do Encaixe coa alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e os concelleiros Sergio Caamaño e Begoña Tajes para formalizar esta nova data na súa axenda. Alí a concelleira anunciou que, antes do concerto da noite, Xabier fará un pequeno adianto do seu repertorio sobre a pasarela da XXXI Mostra do Encaixe.

Esta será a primeira actuación ao aire libre deste ano 2022 para Xabier Díaz, que continúa así coa xira de presentación de ‘As Catedrais silenciadas’ (Músicas de Salitre 2020), o terceiro e máis recente traballo coas Adufeiras de Salitre, un álbum que reflexiona sobre o despoboamento, o abandono do rural e o risco de perdermos a identidade e a cultura propia nunha sociedade como a galega.

 

Novas de Xabier Díaz na Costa

Novas relacionadas