Xabier Díaz porá a nota musical á Mostra de Encaixe

Non paran de chegar novidades arredor da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas - Deputación da Coruña, a 15 días do seu comezo. Desta volta é en clave musiqueira, pois Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, dará un concerto sábado 16 de abril ás 22:00 horas na Praza do Mercado.
O artista estivo hoxe no Museo do Encaixe coa alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e os concelleiros Sergio Caamaño e Begoña Tajes para formalizar esta nova data na súa axenda. Alí a concelleira anunciou que, antes do concerto da noite, Xabier fará un pequeno adianto do seu repertorio sobre a pasarela da XXXI Mostra do Encaixe.
Esta será a primeira actuación ao aire libre deste ano 2022 para Xabier Díaz, que continúa así coa xira de presentación de ‘As Catedrais silenciadas’ (Músicas de Salitre 2020), o terceiro e máis recente traballo coas Adufeiras de Salitre, un álbum que reflexiona sobre o despoboamento, o abandono do rural e o risco de perdermos a identidade e a cultura propia nunha sociedade como a galega.
Novas de Xabier Díaz na Costa
- O alalá de Xabier Díaz na Barca: “Eu fun abalar a pedra”.
- 2020: Illas de Sal, cando Xabier Díaz danza cas ondas do mar na praia de Carnota.
- 2020: Cantigas de Leviatán: Xabier Díaz no “paraíso”,
- 2015: Entrevista Xabier Díaz: "A Costa da Morte é unha terra fértil en folclore”.
Novas relacionadas
- O desfile de ‘ArtEncaixe’ apóiase na Olería de Buño para consolidarse na Mostra.
- Camariñas exporta a Mostra a Oviedo como antelasa da gran cita de Semana Santa.
- Damián Álvarez xestionará a pasarela da Mostra do Encaixe para achegala aos grandes eventos de Milán.
- A Mostra do Encaixe 2022 busca voluntari@s.
- A Mostra de Encaixe 2022 xa ten participantes no Concurso de Noveis Deseñadores.
- Mostra 21: Unhas 10.000 persoas comprobaron o valor dos 30 anos da Mostra do Encaixe.