Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas exporta a Mostra a Oviedo como antelasa da gran cita de Semana Santa

Mostra de Encaixe Camarinas en Oviedo presentada por Saulo Fdez
Saulo Fdez. foi o presentador desta pequena demostración da Mostra en Oviedo
Camariñas exporta a Mostra a Oviedo como antelasa da gran cita de Semana Santa

Queda moi pouco para a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. E para ir collendo ritmo, o Concello de Camariñas trasladou unha completa delegación convertindo Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava, en Oviedo, nunha pequena Camariñas.

Ao redor de 250 persoas asistiron a un desfile no que brillaron as coleccións de deseñadores que participaron nas últimas edicións, con especial mención á deseñadora asturiana Ana Cabranes e as súas pezas pret Porter e ceremonia.

Ademais, o público tamén valorou a creatividade e a innovación que se aprecia nas 12 coleccións dos gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores que cederon as súas creacións para poder levar a cabo esta pasarela (houbo algunha outra que non chegou a tempo pola folga do transporte): Rocío Molina e Alba Cobos coa súa colección ‘Enxebre (2)’, Rebeca Mercado con ‘Déjame Encajar’, Candela Rodríguez e Alba Otero con ‘Carrera de Indias’, Joaquín Ruíz con ‘Suspiros flamencos’, Jaione Ventura con ‘Zeistmaschine’, Uxía Rodríguez con ‘Estímulos’, Eli Conde con ‘Victoria’, Iria Cameán con ‘Un paseo sereno’.
Os e as modelos correron a cargo da Agencia de Modelos Rassim’s.

Mostra de Encaixe Camarinas en OViedo-JMURIASFotografía
Foto: MURIASFotografía

O estivo organizado en colaboración coa Asociación de Galicia en Asturias, da man do seu presidente Manuel Fernández Quevedo, e foi presentado por Saulo Fdez.. O corcubionés, canteira da radiONeria, é presentador nos programas máis vistos de Tele5.

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro destacou que “foi unha moi boa experiencia, pensamos que o público asturiano quedou encantado co que viu e invitámolos a vir a Camariñas a desfrutar da Mostra en Semana Santa porque o que aquí puidemos ver só é unha pequena parte de todo o que ofrecemos”.

Mostra de Encaixe de Camarinas en Oviedo

Comentarios