O desfile de ‘ArtEncaixe’ apóiase na Olería de Buño para consolidarse na Mostra
- ‘Devotaylomba’ regresa á pasarela da Mostra do Encaixe cunha colección “fresca y preparada para el verano”

E unha das apostas é a integración da Olería de Buño. Alfarería Lista, Tendataller Feituras, Obradoiro Gorín e O Rulo serán os encargados de presentar as coleccións de olería e encaixe.
Ademais, tralo gran espectáculo ofrecido na trixésima edición, a ONG Egueire integrarase neste desfile, mesturando a tradición de Costa de Marfil coa da Costa da Morte.

Completan o desfile de ‘ArtEncaixe’: Ana Freiría (orfebrería artística), Charo López Atelier (complementos de moda), Estilo Aramar (complementos de moda), Janet Schulz (tocados de noiva), Arteviares (artesanía en vidro), Mar Barral (laboratorio de ideas), Noelia Peña (xoiería de autor con deseños personalizados), Pilar Rodríguez ‘En Lá’ (artesanía en complementos textís), Suso Calo (artesanía en plata e talla) e Xelis Luaces (encaixe experimental e aplicación).
‘DEVOTAYLOMBA’ regresa á pasarela
O primeiro nome da lista de confirmacións da alta costura de cara á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña supón o regreso de ‘Devota y Lomba’, a firma de Modesto Lomba, ao desfile de ‘Grandes Deseñadores’.
O deseñador non puido participar na pasarela nas dúas últimas edicións do evento, aínda que si o fixo como xurado do concurso de Noveis Deseñadores do ano 2019.
Novas relacionadas
- Camariñas exporta a Mostra a Oviedo como antelasa da gran cita de Semana Santa.
- Damián Álvarez xestionará a pasarela da Mostra do Encaixe para achegala aos grandes eventos de Milán.
- A Mostra do Encaixe 2022 busca voluntari@s.
- A Mostra de Encaixe 2022 xa ten participantes no Concurso de Noveis Deseñadores.
- Mostra 21: Unhas 10.000 persoas comprobaron o valor dos 30 anos da Mostra do Encaixe.