Sábado. 25.06.2022
El tiempo

Damián Álvarez xestionará a pasarela da Mostra do Encaixe para achegala aos grandes eventos de Milán

Damian-Modelo-Carlos Barcia - Grabación Spot 2
Damiá Álvarez durante a gravación do spot da Mostra do ano pasado. Foto: Carlos Barcia
Damián Álvarez xestionará a pasarela da Mostra do Encaixe para achegala aos grandes eventos de Milán

A experiencia sobre as pasarelas de todo o mundo é un gran valor a aproveitar. E o modelo vimiancés Damián Álvarez ten moito que aportar na Costa da Morte. Xa o fixo o ano pasado, como a cara visible do cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas. Este ano, a Mostra quere darlle aínda máis protagonismo, encargándolle a organización da pasarela á súa recentemente creada emrpesa de organización de eventos ‘Gubem Event’.

“O encaixe de Camariñas ten un potencial enorme e gustaríame darlle ese toque a maiores para achegalo á moda de Milan”, explica Damián.

Así, de cara a esta 31ª Edición, o modelo será o máximo responsable dos diferentes desfiles deste ano, tanto dos ‘Grandes Deseñadores’ como do ‘ArtEncaixe’ e os dos participantes do concurso de noveis deseñadores.

Este “fillo adoptivo” de Camariñas confesa que esta “vai ser a miña estrea como o máximo responsable dunha pasarela”, pero afronta con optimismo este desafío.

Novas relacionadas

comentarios