mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Zapatones volve á súa Ponte do Porto

Zapatones libro Ponte do Porto
O Zapatones volve á súa Ponte do Porto

Con cariño lembra o país a figura do Zapatones. Ese persoeiro que andaba polas rúas de Compostela disfrazado de peregrino eterno. O Zapatones, Juan Carlos Lema Balsas, era natural da Ponte do Porto e á Ponte do Porto volve este vindeiro 8 de xullo en forma de libro.
A xornalista e escritora galega María José Lorenzo vén de publicar a biografía dun entrañable personaxe popular, e vai realizar unha presentación no Casino o 8 de agosto ás 19:00h.

Acompañará a autora a rexedora de Camariñas, Sandra Insua, o presidente de Solpor, Jesús Jesus Picallo Santos e o xornalista Ignacio Balboa.

Tras vender milleiros de libros das biografías das infantas e raíñas Doña Sofía e Letizia, a xornalista e escritora galega María José Lorenzo publica a biografía dun entrañable personaxe popular, Zapatones, o eterno peregrino (Literatura Abierta, 2024).

Esta biografía ficticia recolle o momento máis importante do Xacobeo 93, cando a Xunta presidida por don Manuel Fraga contrata a Julio Iglesias como embaixador, poñendo Galicia e Santiago de Compostela no centro da atención mundial. Zapatones vive ese episodio con intensidade, relacionándose con importantes personalidades como Don Juan Carlos e Doña Sofía Porén, unha vez rematado o suceso, a súa vida volve á triste realidade. Foi entón cando decidiu facer o Camiño Francés de Santiago, do que só coñecía algúns tramos. Esta viaxe leva a descubrir os segredos que gardan os 700 quilómetros de Saint Jean Pied de Port a Santiago de Compostela, e a vivir experiencias en lugares artísticos, misteriosos, espirituais, máxicos.

No medio de todo, Zapatones atopa o amor nunha moza de Pamplona que percorría o Camiño como ofrenda ao Apóstolo, ao que suplicou que curase o cancro que padecía. Por desgraza, os feitos deixan a Zapatones, o eterno peregrino, inmerso na tristeza que o acompaña dende que naceu na Ponte do Porto, en Camariñas, tras ser abandonado pola súa nai solteira na Casa Cuna da Coruña, sendo un recén nacido.

Comentarios