xoves. 16.01.2025
El tiempo

100.000 documentos tramitados pola Unidade do DNI de Carballo dende a súa creación

Unidade DNI Carballo
100.000 documentos tramitados pola Unidade do DNI de Carballo dende a súa creación

A Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional en Carballo, que ten a súa sede na planta baixa da Casa do Concello, leva tramitados máis de 100.000 documentos dende a súa apertura ao público, o 20 de marzo do 2017. A media anual supera os 15.000, unha cifra que volveu acadarse no 2024, cando se crearon 12.251 DNI e 3.360 pasaportes, evitando así 15.000 viaxes ata a Coruña.

Máis do 30% das persoas que utilizan o servizo residen no concello carballés, e máis do 60% proceden dos municipios da nosa contorna.

Se precisas utilizar o servizo lembra que é preciso pedir cita previa: ben presencialmente, ben de maneira telemática dende a páxina web www.citapreviadnie.es ou ben chamando ao teléfono 060. 

O horario de atención ao público da unidade de Carballo é de 09.00 a 14.15, de luns a venres. Dende o servizo lembran que para a expedición e/ou renovación da documentación é preciso achegar unha fotografía actual, e as persoas que necesiten actualizar o seu enderezo tamén deben presentar un xustificante de empadroamento. 

Comentarios