![Obras en NOICELA-Carballo]()
Obras en Noicela
O Concello de Carballo ten en execución ou en contratación nestes momentos proxectos de mellora da rede viaria do rural por un importe de 1.344.823,92 euros. A cifra aumenta ata 1.722.763,74 euros se incluímos as parroquias de Bértoa, Noicela e Vilela, onde as obras xa están rematadas.
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza do pasdo luns a apertura do procedemento de licitación dos traballos de reparación das pistas das parroquias de Entrecruces e Aldemunde, cun orzamento de contrata de 190.834,64 euros.
Con estas dúas xa son 16 as parroquias nas que ten actuado a Concellería de Obras e Servizos para mellorar a mobilidade, e o obxectivo é cubrir este ano os 613 quilómetros de pistas asfaltadas que ten o Concello.
En Bértoa, Noicela e Vilela xa están listas, e nestes momentos están en fase de execución as obras en Razo e Oza. En todos os casos, a actuación consiste na limpeza de cunetas de toda a rede viaria, e na pavimentación con dobre rego nos treitos nos que se teñen detectado deficiencias. A Concellería de Obras e Servizos realizou un informe previo no que se determinou que había un total de 85 quilómetros en mal estado, e neses puntos é nos que se está a traballar.
As próximas parroquias nas que empezarán a circular as máquinas son Sísamo, Artes, Cances, Goiáns e Carballo (rural), porque as obras xa están adxudicadas. En Rus, Sofán, Lema e Rebordelos atópanse agora en fase de licitación, e tras o acordo adoptado hoxe pola Xunta de Goberno Local, en breve publicarase tamén o anuncio correspondente á contratación da mellora das vías en Entrecruces e Aldemunde. Con Berdillo e Ardaña completarase o mapa municipal.
Listas do curso de metal
Así mesmo, o Concello vén de publicar a Listaxe de admitidos na 2ª convocatoria do curso de Soldadura con chapa fina, tubos redondos e cadrados en TIG e MIG/MAG.
Fonte