luns. 02.03.2026
El tiempo

3ª FUTGAL: Unha chilena para case sentenciar un ascenso

11 do SD Oza tras vencer en
O SD Oza tras vencer en Cee
3ª FUTGAL: Unha chilena para case sentenciar un ascenso

Oza e Coristanco sentenciaron practicamente o ascenso directo trala vitoria do Oza (ollo, suma 10 seguidas) en Cee ante o 3º clasificado. Non fallou o Coristanco e se os carballeses sácanlle ao Cee 16 puntos, os coristanqueses 12.

Seguirá viva a loita polo título, e pola promoción, esta aínda moi aberta. O Nantón freou ao Pereiriña, que viña no seu mellor movemento; o Seaia venceu ao Volantes ao deixa a unha distancia importante, e o Buño venceu o derbi e superou na táboa a un Cerqueda segue afundíndose tras 6 derrotas seguidas. Ocupa hoxe o Laxe, que descansou, a última praza de promoción, pero cun punto sobre o Buño, e 3 sobre Cerqueda e Baíñas, que sucumbiu ante o filial muxián.

Ollo aos goles que se marcaron esta xornada: 

 

Muxía B - Baíñas (2-1)

Plantel do Muxia B en Arlina.Foto-Marina Busto
Plantel do Muxia B en Arliña.Foto-Marina Busto
  • Muxía B: Miguel Toba, Damián Soneira, Prieto, Kevin, Iván Sambad, Martín, Isma, Javi REey, Damián Trillo, Adrián Baamil, e Eloy. Tamén: Joel, Papin, Furelos e Xan Nogueira.
Plantel do CD Bainas en Arlina-Foto-Marina Busto
Plantel do CD Baiñas en Arliña-Foto-Marina Busto
  • Baíñas: Fabián, Samu, ERodri, Estiven, Manu, Leo, Esteban, Fandi, Crisca, Carlos e Ruli. Tamén: David, Chavico, Dani, Dylan e Eduardo.
  • Goles: 0-1, m.23: Ruli; 1-1, m.25: Iván Sambad; 2-1, m.33: Javi Rey.
Muxia B-Bainas-Foto-Marina Busto
Muxía B-Baíñas-Foto-Marina Busto

partido raro pola nosa parte, empezamos ben ten algunha ocasion pero na primeira q chegaba o baiñas marcaba, ma seguinte logramos empatar, ocasion claras po baiñas e para nos, eles quedaban co 10 por cortar o balon ca man sendo o ultimo home, na 2 parte estubemos algo espesos co balon, non saliamos ben nin encontrabamos o home lobre semdo un mais, pero nunha xoga toja marcaba o 2-1, e nos ultimos mits o baiñas encerrounos atras e dispuxo de algunha ocasion para empatar, por fin 3 puntos nn sendo dos mellores partidos, asi e o futbol un que xogas medio mal ganalo.

Muxia B-Bainas-Foto-Marina Busto 3
Muxía B-Baíñas-Foto-Marina Busto
Muxia B-Bainas-Foto-Marina Busto 2
Muxía B-Baíñas-Foto-Marina Busto

Cee - Oza (0-1)

  • Cee: Jorge, César, Regueiro, Munitis, Fontaíña, Carlos, Xián, Josiño, Anxo, Pablo e Marco. Tamén: Manu, Diouck, Jonathan, e Keko.
  • Oza: Samuel, Brais Bolón, Marcos Carro, Raúl, Juan Lagoa, Eloy, Iago Lavandeira, Hugo Fraga, David, Saad e Salah. Tamén: Moreno, Íker, Benja, Fernando, e Roberto.
  • Gol: 0-1, m.89: Moreno de chilena tras un córner.

Custoulle moito ao Oza acostumarse ao amplo cambio do Sampaio e enfrontarse a un Cee que fixo unha primeira metade espectacular. Os de Rafa superaron ao líder, mandaron no centro do campo e xeraron varias ocasións, varios mans a mans, que resolveu Samuel, salvando o partido.

Cambiou o esquema Michel, e con 532, os carballeses foron máis incisivos, pero o marcador non se movía. Cando parecía que todo ía rematar de táboas, aparecía unha chilena espectacular de Moreno para salvar 3 puntos e abrir unha fenda case insalvable no descenso directo.

Seaia - Volantes (2-0)

  • Seaia: Piña, David Muíño, Alex Mato, Todosantos, Nico, Erik, Noel, Diego, Manu Castro, Simón e Rafa. Tamén: Anxo, Brais, Borja, Edu e Pablo Caamaño.
11 do VOlantes en Pedra Queimada
11 do Volantes en Pedra Queimada
  • Volantes: Xandre, Marcos Gosende, Fontenlos, Aarón, Alexis, Senández, Stefan, Ryan, Edu e Raúl. Tamén: Adri Tajes, Miguel León, Javi, Alex Louro e Maceiras.
  • Goles: 1-0, m.31: Manu Castro; 2-0, m.66: Alex Mato.
Alex Mato e Xandre posando en Pedra Queimada.Foto-Seaia
Alex Mato e Xandre posando en Pedra Queimada. Foto-Seaia

Vitoria importante para o Seaia que afianza a súa posición de promoción, ante un Volantes que o intentou, pero que protestou a actitude arbitral. O Seaia, con todo, moi mellor na primeira, xerando varias ocasións entrando por banda, e nunha destas e despois de forzar un córner, o balón chega ao segundo pau, Álex Mato devólvea ao punto de penalti e aparece Manu Castro para marcar un fermoso gol de “tixeira”.

Na 2ª un pouco máis do mesmo, cun Volantes algo máis metido, pero sen perigo en ningunha das dúas áreas. Só unha xogada de Edu que pon un auténtico caramelo e Álex Mato chega moi ben ao 2* pau para volver a atoparse coa senda do gol.

11 do Sp Seaia tras vencer
11 do Sp. Seaia tras vencer ao Volantes

Lira - Inter (1-0)

  • Lira: Adrián Brea, Xurxo, Alexandre, Christian, Marcos, Lude, Miguel, Ramón, Alberto, Iván Paris e Cibrán. Tamén: Hugo, Xabi, Javi Freire, Martíño e Carlos.
  • Inter: Costa, Diego, Javichu,Cristian, Santi Agulleiro, Leo, Juan Lagoa, Jose, Alex Castro, Ferreiro e Torices. Tamén: Ema, José Angel, Evaristo e Iker.
  • Gol: 1-0, m.90: Xurxo tras un saque de falta longo.

Choque de baixas polos dous anos, cun Lira que chegaba con 7 xuvenís incluído o porteiro. Arrincaron ben os locais, así e todo, tendo algunha ocasión. Co paso dos minutos o Inter foi dando un paso adiante e tamén tivo algunha boa ocasión para adiantarse sobre todo nun cabezazo de Javichu que Adrián sacou a córner cunha gran parada e en outra que o mesmo Javichu picou por encima de Adri pero saiu fóra. Na última xogada da primeira parte Ivan París marcou un golazo de falta que o ábitro nanulou ao estar un xogador local pegado á barreira.

Na segunda parte os de Óscar Leis intentaron aumentar o ritmo de circulación de balón pero non daban atopado o gol a pesar de ter varias para facelo, por medio de Xurxo, Iván e Cibrán. Coa entrada de Xabi Domínguez e Martiño [xuvenís de primeiro ano] mellorou a circulación e foron metendo atrás ao cadro de Cobéns, que intentaba sacar algunha contra. Foi xa sobre o 90 cando o xuvenil Xurxo nunha segunda xogada tras acción a balón parado facía o gol do triunfo para delirio da parroquia de Lombáns.

Nantón - Pereiriña (3-2)

  • Nantón: Álvaro, Alex López, Adrián Abelanda, Lozano, Xoel, Juan, Carlos Vidal, Carlos Amado, Fuentes, Aarón e Borja. Tamén: Vidal, David, Jorge, Iago Torres e Dani Castro.
  • Pereiriña: Maikel, Oca, Esteban, Bicho, Brais Lagoa, Gabru, Antonio, Maelo, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Xacobe, Eloy e Abel.
  • Goles: 1-0, m.31: en propia tras un córner; 1-1, m.33: Oli de penalti; 2-1, m.75: Iago Torres marca un golazo dende 40 metros pola escuadra; 3-1, m.77: Alex López nunha falta lateral lonxano tras un bote irregular; 3-2, m.92: Oca.

Partido condicionado polo vento e por un céspede de Fontiñas que sofre cando xogan os Veteranos pola mañá. Comezaba o Pereiriña creando ocasións pero sen acerto nos útimos metros. Nunha das primeiras chegadas dos cabaneses, a defensa ceense marcáse en propia. Pero dous minutos despois, nun penalti que os locais pedían falta a favor, Oli empataba.

Na segunda metade volvía ter máis presenza o cadro de Julito, tendo que aparecer Álvaro en varias ocasións. Avisaron tamén Jorge e Borja, tendo que aparecer Maikel, que nada puido facer nun balón de Iago Torres, que saía e revolucionaba o partido cun golazo dende 40 metros pola escuadra do segundo pau.

Na seguinte xogada, un mal bote nunha falta lateral despistaba a Maikel e ampliaba a renda dos de Adrián Varela. Aínda apretou o Pereiriña, marcando o segundo no desconto, e facendo sufrir aos locais nos últimos instantes.

11 do CD Nanton tras vencer ao Pereirina
11 do CD Nantón tras vencer ao Pereiriña

Coristanco - Camelle (7-0)

  • Coristanco: Roberto, Gabri, Jonathan Fraga, Borja, Dani Vázquez, Matteo, Jairo, Dani Casti, Andy, Kevin, Iván Pastoriza. Tamén: Villajos, Lou, Pablo Pose, José Antonio e Baldo.
  • Camelle: Ángel, Maikel (Lucas D.), Hucho, Ruso (Marcote), Martín; Chans, David, Josiño, Miguel (Moha), Tereso (Lucas P.) e Dido.
  • Goles: 1-0, m.7: Iván Pastoriza; 2-0, m.9: Jairo; 3-0, m.12: Iván Pastoriza; 4-0, m.14: Dani Casti; 5-0, m.45: Iván Pastoriza; 5-1, m.77: Lucas Dios; 6-1, m.80: Pablo Pose; 7-1, m.83: Pablo Pose.

Saíu enchufadísimo o Coristanco que pasou por riba do Camelle co seu altísimo ritmo, marcando 4 goles en 15 minutos. Sen concesións seguiu dominando o partido o cadro de Adrián Lema, moi firme.

Na segunda, estiveron algo máis serios os de Sergio, mesmo marcando, pero aínda aproveitou a recta final Pablo Pose, que fallaría un penalti, pero marcaba dous goliños e alonxarse de Salah (Oza) na táboa de goleadores, con 23 para o coristanqués e 21 para o carballés.

Cerqueda - Buño (0-1)

  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu, Gus, Hugo Fraga, Schuster, Brais Costa, Eloy, Mario e Palermo. Tamén: Juan Rivera, Aitor, Pablo, IKer e Iván Rey.
11 do SCD Buno en Xavina
11 do SCD Buño en Xaviña. Foto: SCD
  • Buño: Cristian, Hugo, Alan, Alexis, Izan, Adrián Pose, Jorge Calvete, Andrés Suárez, Jesús, Sergio e Aguiar. Tamén: Anxo, Roberto, Javi Facal, Brais e Dani.
  • Gol: 0-1, m.50: Andrés Suárez de bo gol pola escuadra dende o borde da área.

Derbi de tensión en Xaviña, cun Buño máis incisivo na primeira metade, xerando varias ocasións nos pés de Sergio, Aguiar e Izan. O Cerqueda esperaba intentando roubar e saír á contra, pero co paso dos minutos foron dando un paso adiante, complicando a saída de balón do Buño igualando o partido e xerando perigo en varios balóns parados.

Na segunda parte mantiñase o mesmo guion ata que Andrés, o pequeno dos Lois, enganchou un zurdazo á escuadra para poñer por diante aos de Dani Calvete. A raíz do gol o cadro de Gurita reaccionou e envorcouse sobre a porteria do Buño. Como un bo derbi, encheuse de tensión e pouco fútbol acabando o Cerqueda con 9, tralas expulsións de Gus e Schuster, que non lle impediu seguir intentando o empate ata o pitido final.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios