mércores. 09.07.2025
El tiempo

19 locais montan no tren da 5ª edición do Carballo por Etapas

19 locais montan no tren da 5ª edición do Carballo por Etapas
Serán finalmente 19 os locais de hostalería que participarán na 5ª edición da ruta gastronómica “Carballo por Etapas”. Unha iniciativa que organiza a Concellaría de Promoción Económica e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), e que se celebrará as fines de semana do 26 ao 28 de maio e do 2 ao 4 de xuño. Na relación hai locais situados en distintos barrios urbanos, polo que o tren turístico que acompaña ao evento edición tras edición fará este ano un completo percorrido pola vila. Na listaxe de participantes figuran A Barra Bar, A Cervecería de Luis, A Nova Ferradora, Cafés A Cafeteira, cafetería Abastos, cafetería bar Ginebra, cafetería Habanos 79; cervecería Ágora, cervecería Dublín, cervecería La Bombonera, mesón A Cabaña, mesón As Viandas, Mio Fratello (de próxima apertura na rúa Carlos Casares), restaurante El Hórreo, restaurante Mesón do Pulpo, restaurante vinoteca A de Pako, taberna O Mexillón, o Bar Embajador e trattoría pizzería Vesuvio.

Ademais tamén participarán varias empresas, que colaboran co Concello de Carballo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) facilitando todo tipo de produtos. Polo momento está confirmada a participación de Bodegas Carballo, Proquiber, Distribucións Cotelo, Disboa e Exclusivas Rivas Suárez, ademais de Conservas Calvo.

Deste xeito, a primeira fin de semana estará dedicada ao atún Calvo e a segunda, aos produtos de Bergantiños. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregarase un boleto tipo rasca co que a clientela poderá conseguir premios instantáneos. O horario será de 20 a 22 os venres, e de 12 a 14 e 20 a 22 os sábados e os domingos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios