21 paradas para o Carballo por eTapas
Son un total de 21 establecimentos os que se apuntan a estas propostas gastronómicas que tab ben funcionan. O Carballo por eTapas 2016 terá 21 paradas polo casco urbano onde poderemos degustar as tapas máis propias da nosa terra, por 1,50 €, e con cada unha entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios directos.
A ruta organizada pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) celebrarase os días 27, 28 e 29 de maio, e 3, 4 e 5 de xuño. O esquema será similar ao das edicións anteriores. Os locais participantes elaborarán tapas específicas para o evento que servirán os venres de 20 a 22 horas e os sábados e domingos en horario de 12 a 14 e de 20 a 22.
Os establecementos que decidiron subir ao tren da popular ruta de tapas son A Barra Bar, A Cervecería de Luis, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio. A maioría repiten, pero tamén hai algunhas incorporacións.
Un exemplo, o do ano pasado:
Novas relacionadas
- 2016: Xa hai datas para a ruta gastronómica de Carballo por Etapas 2016.
- 2015: Volven as eTapas a Carballo en forma de obradoiros
- 2015: Carballo preparáse para as máis ricas eTapas.
- Carballo por etapas crea escola.
- 2014: Carballo por eTapas servíu 6.000 tapas a primeira fin de semana.
- Carballo por etapas: Quedamos para comer Carballo por etapas.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Axober.