Venres. 19.04.2024
El tiempo

O 40% dos carballes@s pediron xa a súa tarxeta-bono Sempre Carballo

A Tarxeta-Bono Sempre Carballo xa esta chegando as casas
A Tarxeta-Bono Sempre Carballo xa está chegando as casas
O 40% dos carballes@s pediron xa a súa tarxeta-bono Sempre Carballo

Ata o 15 de novembro aínda está aberto o prazo para solicitar a túa tarxeta-bono “Sempre Carballo” cargada con 30 euros municipais. E son xa 13.000 as que están chegando ás casas (a razón de 1.000 ao día) tras ser validadas.

Unha cifra importante, pois quere dicir que máis do 40% dos carballes@s queren participar na campaña, que non se corresponde coa resposta do empresariado, pois foron só 272 autónom@s ou microempresas, dos 2833 que ten Carballo, as que solicitaron participar nesta campaña.

En todo caso, prevén mover de xeito circular arredor de 700.000€ na economía carballesa, e van compaxinar estas axudas coa nova liña de axudas post-covid a autónom@s e microempresas cofinanciada pola Deputación.

Podes activar a tarxeta seguindo as instrucións deste vídeo para gastar os 30 € antes do 30 de novembro.

Novas relacionadas

Comentarios