7 novos profesionais sanitarios para os Centros de Saúde de Carballo, Cee e A Laracha

07:28 05/10/21
A xerencia da Área Sanitaria de A Coruña e Ceevén de anunciar a incorporación inmediata de 7 novos especialistas para os centros de Atención Primaria da comarca. Unha cifra que provocará un importante avance cara a mellorar os ratios de Tarxetas Individuais Sanitarias (TIS) entre os profesionais de primaria, pero que non chega a cubrir a alta demanda destes centros sobresaturados.
As novas incorporacións serán:
- 2 Médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria para os Centros de Saúde de Carballo e Laracha.
- 1 Fisioterapeuta para o C.S. de Carballo.
- 1 Matrona para o C.S. de Carballo.
- 1 Enfermeiros/a Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria para o C.S. de Carballo.
- 2 Enrermeiro/as para os C.SS de Cee e A Laracha/Cerceda.
En Carballo, de feito, xa empezaron onte unha matrona, unha enfermeira de tarde e unha fisioterapeuta.