Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación da Coruña achega 30.000 euros á Unidade Asistencial de Drogodependencias

A Deputación da Coruña achega 30.000 euros á Unidade Asistencial de Drogodependencias
A deputacion achegara 20000 euros para cofinanciar os servizos da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo A Unidade Asistencial de Drogodependencias ten a súa sede en Carballo A Deputación da Coruña vén de asinar un convenio co concello de Carbarllo a través do cal o ente provincial achegará 30.000 euros para o mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo, un servizo que leva dezaoito anos funcionando e que atende a toda a Costa da Morte. A deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, Ánxela Franco e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron o convenio polo que a Deputación da Coruña se compromete a colaborar no financiamento da Unidade Asistencial de Drogodependencias que, con sede en Carballo, atende aos concellos de Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría. O servizo ten un orzamento anual de 235.000 € e que funciona desde 1994, con actividade asistencial desde o ano seguinte. anxela-franco-evencio-ferrero Ánxela Franco e Evencio Ferrero asinaron o convenio de colaboración para o mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo ofrece servizos de asistencia, prevención de consumo de menos risco, incorporación social, documentación e investigación, docencia e coordinación con outros servizos sanitarios e sociais. O balance do último ano de funcionamento indica que, en 2017, o número de demandas de tratamento por substancias legais, o alcol e o tabaco, duplica o número das realizadas por substancias ilegais sendo dun 62,36% fronte a un 37,63%. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios