Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A píllara de vimbio, símbolo de sustentabilidade

Pillara de Vimbio en Razo
A píllara de vimbio, símbolo de sustentabilidade

O respecto ás Píllaras das Dunas, esa simbólica especie de ave en perigo de extinción, está medrando nos últimos anos na comarca. Cada son máis as xentes que veñen ver os seus protexidos niños e os que dan a alarma cando hai animais ou algún salvaxe molestando o seu proceso de cría.

E para servir de exemplo do turismo sustentable que significa o noso litoral, Carballo vén de instalar unha píllara de ferro e vimbio na explanada entre Razo e Baldaio. Unha poderosa escultura realizada polo grupo de veciños e veciñas do obradoiro de cestaría impartido por Idoia Cuesta que cubriron con vimbio o “esqueleto” de ferro deseñado e construído polo artesán Fabián Lage.

A píllara representa a importancia de recoller o lixo (de feito é en si mesma un contedor de plásticos), de protexer os ecosistemas dunares e a contorna litoral, e de promover un turismo responsable e sustentable, na liña do Carballo 2030.

Pillara de Vimbio en Razo 1

Novas relacionadas

Comentarios