Sábado. 08.08.2020
El tiempo

Algunhas cifras da #Axenda2030 carballesa

Algunhas cifras da #Axenda2030 carballesa
  • Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade.
  • Limpeza de contedores Limpeza de contedores en Carballo

    Recollida de aceite, campañas contra as cabichas, recolida selectiva do lixo, ou ata un calendario con consellos saudables son algunhas da pautas marcadas na Axenda 2030 de sostibilidade para o Concello de Carballo.

    Esta semana a empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos, Urbaser, está co primeiro lavado de contedores do ano. Antes do Nadal limpáronse os colectores verdes e amarelos, e a campaña actual céntrase nos de papel e cartón, vidro e, de novo, os verdes de residuos orgánicos, que son os máis numerosos e teñen moito máis uso ca os específicos.

    No municipio de Carballo temos nestes momentos 2.775 colectores: 1.705 verdes de residuos orgánicos, 479 amarelos para envases, 342 de papel e cartón e 249 de vidro. Dende o Concello de Carballo lembramos que o cartón debe depositarse pregado, que os residuos orgánicos deben ir en bolsas pechadas e que, polo contrario, nos colectores amarelos os envases deben introducirse soltos ou en bolsas abertas, facilitando deste xeito o depósito.

    Recollida de aceite

    E se falamos de cifras, a dos quilos de aceite usado recollidos nos 5 primeiro meses de funcionamento dos novos colectores é importante. Máis de 6.000 quilos que, se acabasen nos sumidoiros, suporían a contaminación de 6.679.200 litros de auga.

    Nestes momentos hai 22 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos distintos barrios do casco urbano. Pero tamén en Razo, Pedra do Sal, Berdillo, Ardaña e Sísamo. Unha recollida dirixida aos fogares. As familias deben depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico reutilizadas e pechadas. Para facilitar o depósito, desde o Concello de Carballo ofrecemos á veciñanza funís adaptables ás botellas que poden solicitarse, de balde e ata fin de existencias, na Casa do Concello (departamento de Medio Ambiente).

    Novas relacionadas

    https://quepasanacosta.gal/carballo-o-unico-concello-que-utiliza-a-palabra-sostibilidade/ https://quepasanacosta.gal/a-hostalaria-local-carballesa-colaborara-co-concello-na-loita-contra-as-cabichas/

comentarios