Xoves. 09.05.2024
El tiempo

A plataforma "NON aos eólicos en Bustelo-Campelo-Monte Toural" convoca unha nova xuntanza en Coristanco

A plataforma "NON aos eólicos en Bustelo-Campelo-Monte Toural" convoca unha nova xuntanza en Coristanco
Hoxe, ás 20:00 horas, terá lugar no edificio de Servizos Múltiples de Coristanco unha xuntanza convocada pola plataforma veciñal “NON Eólicos Bustelo - Campelo - Monte Toural” na que anima a participar a toda a veciñanza afectada tanto polos tres parques que se pretenden instalar nos concellos de Coristanco, Carballo e Santa Comba así como ás persoas afectadas polas liñas de evacuación que transportarán a electricidade producida ata a subestación situada en Mesón do Vento (Ordes). "Compre lembrar que, independentemente do xeito de produción máis ou menos limpo co que se acada, a enerxía que se vai transportar a través desas liñas de evacuación segue a ser eléctrica e sufrirá perdas, e polo tanto contaminación radioeléctrica, igual que a producida a través de calquera outro procedemento ata o de agora tradicional", sinalan dende a plataforma. Na xuntanza poñeranse en común as alegacións que se presentarán ao longo desta semana en contra do proxecto das liñas de evacuación e informarase das consecuencias que o seu establecemento pode ter para as persoas e a contorna dos concellos afectados, tanto a nivel de saúde, como económico, medioambiental e paisaxístico. Así mesmo, dende a plataforma "NON Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural" darán conta das accións a levar a cabo no futuro para seguir defendendo o modo de vida sustentable que ata o de agora se leva no rural destes concellos e que, de seguir adiante os proxectos destas liñas de evacuación e dos parques do Campelo, Bustelo e Monte Toural – sumados aos xa existentes no Monte Castelo e en Cuns –, o benestar da veciñanza, así como a dinamización dos núcleos de poboación próximos, veríanse gravemente afectados.

Artigos relacionados

Novas eólicas

https://quepasanacosta.gal/un-centenar-de-persoas-acoden-a-creacion-da-plataforma-contra-a-implantacion-dos-parques-eolicos-campelo-bustelo-monte-toural/

Máis novas

Fonte

Comentarios