martes. 04.08.2026
El tiempo

As traballadoras do SAF de Muxía volven denunciar os problemas na organización dun servizo esencial

2025-10-23_Concentracion_traballadoras SAF Muxia_2 copia
As traballadoras do SAF de Muxía o pasado mes de outubro
As traballadoras do SAF de Muxía volven denunciar os problemas na organización dun servizo esencial

A deixadez de funcións da Xunta nos coidados provoca que servizos tan básicos como o Servizo de Axuda no Fogar tenga constantes problema. A eterna crise da externalización da sanidade fai que empresas con ánimo de lucro teñan que coordinar servizos esenciais, provocando continuos problemas en material laboral. 

Hai apenas 10 meses estaban na rúa, reivindicando os seus dereitos, e agora volven os problemas. As traballadoras do SAF de Muxía advirten que os cambios na organización do servizo continúan, cambios de persoal e dos horarios de atención, tempos de desprazamento insuficientes ou modificacións unilaterais nos calendarios laborais.

Durante os últimos meses, a representación do persoal mantivo numerosas reunións coa empresa e co Concello de Muxía para abordar os problemas e presentou diversas reclamacións diante da Inspección de Traballo. Porén, “a día de hoxe, boa parte das deficiencias continúan sen resolverse, a pesar das actuacións realizadas e do requirimento efectuado pola propia Inspección”.

Control das administracións

O colectivo de traballadoras incide en que coas súas reivindicacións non buscan unicamente mellorar as condicións laborais, senón “que defendemos un modelo de coidados no que as persoas usuarias reciban unha atención estábel, continuada e de calidade”.

Para acadar este obxectivo resulta imprescindíbel que as administracións públicas exerzan as súas funcións de control sobre un servizo financiado con fondos públicos. “O Concello de Muxía, como administración contratante, e a Xunta de Galiza, como responsábel do sistema público de atención á dependencia, deben garantir que o servizo se preste nas condicións de calidade e respecto aos dereitos laborais que esixe a normativa”, aseveran.

Máis novas

 

 

Comentarios