Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Unidade do DNI despachou máis de 14.000 DNI e pasaportes para veciñ@s de toda a bisbarra

A Unidade do DNI despachou máis de 14.000 DNI e pasaportes para veciñ@s de toda a bisbarra
Imaxe da Oficina de DNI de Carballo Imaxe da Oficina de DNI de Carballo

As infraestruturas implican tempo, e o tempo, poder dispoñer do tempo é calidade de vida. Repercute directamente na vida de milleiros de bergantiñáns a implantación da Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional en Carballo, como así o ratifican as cifras: tramitou en 2018 un total de 14.176 DNI e pasaportes.

Explican dende a Policía Nacional que os meses de verán e o Nadal son as datas de maior afluencia, pois os residentes no estranxeiro aproveitan as vacacións para renovar os seus documentos.

Destacan o carácter supracomarcal do servizo. A de Carballo é xa a unidade de referencia para a veciñanza de toda a Costa da Morte, e mesmo ten prestado atención a persoas das catro provincias ou doutras comunidades autónomas.

Cita previa

A Unidade de Estranxeiría e Documentación de Carballo conta cun equipo de traballo integrado por seis persoas: tres policías e tres administrativos/as. A oficina está aberta de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas na planta baixa da Casa do Concello, con acceso directo desde a rúa Cervantes. Nese mesmo horario pode solicitarse cita de maneira presencial, aínda que tamén pode pedirse online a través da páxina www.citapreviadnie.es ou chamando ao teléfono 060.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/calendario-de-visitas-da-unidade-mobil-do-dni-aos-concellos-da-costa-da-morte/

Comentarios