Martes. 17.09.2024
El tiempo

A Valedora do Pobo visita Carballo para reunirse cos veciños

A Valedora do Pobo visita Carballo para reunirse cos veciños
valedora pobo carballo Milagros Otero, Valedora do Pobo Milagros Otero Parga, Valedora do Pobo, visita hoxe Carballo. Ás 12 horas terá unha recepción na Alcaldía e pola tarde, de 16:30 a 18 horas, terá un encontro aberto a toda a cidadanía no Fórum Carballo. “É o meu desexo escoitar ás veciñas e veciños de Carballo e afondar en coñecer as súas queixas e peticións”, explica a Valedora do Pobo nunha carta de convite para a xuntanza que remitiu - a través do concello - ao movemento asociativo. Nesa mesma misiva, Milagros Otero explica que dende a súa chegada ao posto vén tratando de fomentar “unha auténtica cultura de dereitos entre a nosa cidadanía”, e que unha peza fundamental para acadar ese obxectivo é facilitar o acceso aos mecanismos que permiten ás persoas exercer eses dereitos. A Valedora do Pobo quere acometer esa tarefa “con base ao principio de proximidade, en contacto directo coa nosa poboación. A cidadanía - engade - ten dereito a unha presenza achegada da Valedora”. Fonte

Comentarios