luns. 15.06.2026
El tiempo

E os finalistas aos 7 grandes premios da Gala do Fútbol da Costa-QPC son…

Cartel Gala PREMIOS FUTBOL DA COSTA_2026
E os finalistas aos 7 grandes premios da Gala do Fútbol da Costa-QPC son…

Xa temos os 11 ideas perfilados, sabemos quen @s Pichichis e @s Pombos, coñecemos os finalistas a Delegado e Árbitro do Ano, só nos queda coñecer os candidatos aos 8 principais premios que se coñecerán o venres 12 a partir das 20:30h na XI Gala do Fútbol da Costa- QPC.

Máis de 110 votos de responsables dos nosos 54 equipos do fútbol costeiro (38 masculinos en 4 categorías +16 femininos en 3 categorías), ademais de varios xornalistas de varios medios especializados da comarca, escolleron cos seus votos estes candidatos:

Premio Especial Abdoulaye de Fútbol Base

  • CF Dumbría.
  • EFC Carnota.
  • UC Cee.

Premio CRISTALERÍA VILAS á Mellor Directiva

  • CD Baio.
  • Soneira SD.
  • CF Muxía.

Premio PLAIA DAS LANCHAS ao Mellor Equipo Masculino

  • CF Muxía.
  • Sofán SD.
  • San Lorenzo SD.

Premio AS BALEAS ao Mellor Equipo Feminino

  • Xallas FC.
  • Soneira SD.
  • CF Muxía.

Premio RESTAURANTE DÁLVARO ao Mellor Adestrador MASC

  • Sergio Pataca (CF Muxía).
  • Pablo Conde (Dumbría CF).
  • Iván Rojo (SD San Lorenzo).

Premio AUTOCARES J. POMBO ao Mellor Adestrador/a FEM

  • Roland (Soneira SD).
  • Rubén Souto (Corme CF).
  • Noe Iglesias (CF Muxía).

Premio ESTEBAN BLANCO ao Mellor Xogador

  • Diego Estévez (Dumbría CF).
  • Fran Moreira (CF Muxía).
  • Manu Nogueira (CF Muxía).

Premio APLIGASA á Mellor Xogadora

  • Laura Doce (CF Muxía).
  • Patri Romaní (CF Muxía).
  • Paula Veiga (UC Cee).

Máis novas da Gala

REPASO DAS GALAS

Comentarios