A aereolínea carballesa Pulp Air, triunfa en festivais nacionais e internacionais
A serie galega Pulp Air leva unha completa serie de festivais (nacía no Carballo Interplay), e vén de recoller un premio no Seriesland, unha das citas máis importantes do circuíto internacional de series independentes.
A serie galega producida polo estudio coruñés Henfunk Estudio foi unha das escollidas entre as máis de 100 proxeccións de 20 países
Dirixida pola directora coruñesa Anita Pico, e protagonizada por Pablo Meixe, Isabel Garrido ou Lucía Veiga (o ceense Alberto Abal tamén forma parte do elenco), a comedia conta as divertidísimas aventuras dunha peculiar aerolínea con sede en Carballo, conquistou ao público en numerosos festivais internacional.
Despois dun ano destacado que incluíu selección nos prestixiosos HollyShorts Festival de Cine, festival de cualificación dos Oscar, Pulp Air chegou a Seriesland como un dos favoritos. Con seis nominacións, incluíndo Mellor Serie, Mellor Comedia, Mellor Showrunner e Mellor Actor (Pablo Meixe), a serie rematou a súa participación levando a casa o premio ao Mellor Reparto de todo o festival.
Este premio súmase ao obtido anteriormente nos Estados Unidos, no Minnesota WebFest, consolidando o recoñecemento dun elenco que combina novas promesas como Andrea Vilariño, e Javi Tink, xunto con rostros populares do Televisións galegas como Mayka Braña e Duarte Galbán.
En vindeiras datas estará en festivais de Brasil e Chile, ademais do Festival Rodinia de Valladolid, antes de caer nas plataformas dixitais para 2025.