Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alumnado do IES Parga Pondal Wisibiliza as Mulleres STEM polo 11 de febreiro

11 de febreiro no IES Parga Pondal
Exposicións polo 11 de febreiro no IES Parga Pondal
O alumnado do IES Parga Pondal Wisibiliza as Mulleres STEM polo 11 de febreiro

O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. E dende o IES Isidro Parga Pondal non queren deixar de lembra esta data e veñen realizando unha serie de actividades para conmemorala.

Unhas actividades que culmina este mesmo xoves da man de https://11defebrero.org/>Iniciativa 11 de febreiro, cunha charla guiada pola carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade da Coruña, recentemente galardoada cun dos premios Dona TIC na categoría de revelación polo seu traballo no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación outorgados pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do plan Dona TIC.
A esta charla asistirá o alumnado de 4º ESO e 1ºBacharelato que cursan a materia optativa de TICS e Introdución á programación. Ao rematar, Sara Cotelo e Sergio Amarelle (de 1º de Bacharelato) faranlle unha entrevista na Radio Rebolondas para publicar un podcast.

Exposicións

O alumnado da optativa de TICS de 2º de bacharelato, no marco do seu proxecto Wisibilízalas da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona está enchendo o centro de exposicións de temática STEM (Ciencia, Tecnoloxía Enxeñería e matemáticas). Hainas de mulleres contemporáneas que divulgan a través das redes; hai outra sobre persoas LGTBI de ámbito científico que tamén realizan divulgación en ciencia dunha forma amena; e unha terceira sobre mulleres inventoras e mulleres científicas xa falecidas que foron referentes en diferentes campos de ámbito STEM ou ben que desenvolveron grandes inventos relevantes para a sociedade.

Novas dos IES da comarca

Novas do IES Parga Pondal

Comentarios