Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aprendendo a axudar e ser axudado

Alumndo do IES PARGA PONDAL
Alumndo adxudante do IES Parga Pondal
Aprendendo a axudar e ser axudado

Esta semana o IES Parga Pondal puxo en marcha a 10ª edición do seu Obradoiro de convivencia o “Alumnado Adxutante”. No marco do Programa de Actuación do Departamento de Mediación do centro educativo carballés, esta experiencia “trata de dotar ao alumnado de 1º ESO das habilidades e características precisas para a mellora da convivencia nas aulas e no centro, tratando de desenvolver no alumnado a capacidade de axuda e de ser axudado como unha dimensión fundamental da convivencia”.

Esta interesante iniciativa parte da premisa de que son os propi@s compañeir@s, que que comparten a vida diaria, espazos, intereses… os que mellor se coñecen, e “son os primeiros/as en detectar e percibir se un alumno/a está pasando por unha situación difícil como rexeitamento, illamento, indefensión, problemas de integración, conflitos interpersoais…”

Non teñen dúbida pois de que estes obradoiros contribúen ao “desenvolvemento das competencias e a mellora da participación real e integración do alumnado no Centro.

En resumo esta formación ten como obxectivo principal o aproveitamento do gran recurso que ten o centro: o seu propio alumnado.

Novas do IES

Comentarios