Arrinca o "Ano do Xestal"
Coincidindo co 30 aniversario do seu pasamento, e como anunciban en xullo, este 2023 será o “Ano do Xestal”. O Concello de Carballo dedica este ano ao gran humorista e folclorista, que residiu entre nós durante máis de vinte años, ata o seu pasamento o 4 de xaneiro de 1993.
Son varias as entidades que se suman a esta homenaxe, e dende xa comezan as homenaxes. Por exemplo, a iniciativa da parroquia de San Xoán Bautista, mañá martes ás 20.30 horas celebrarase na igrexa de Carballo unha misa cantada polo Coro Aires de Bergantiños, do que O Xestal foi membro fundador.
Pero é que ademais, a comisión organizadora do Ano do Xestal, pola súa banda, ten programada para o propio día 4, unha ofrenda floral na súa tumba, no cemiterio parroquial de Razo. No acto, aberto a toda a cidadanía, participarán o profesor, escritor, músico e dinamizador cultural Xurxo Souto; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a Banda Municipal de Gaitas.
Novas relacionadas
- Xullo 22: Carballo dedicará o 2023 ao Xestal.