Atropelo mortal en Carballo

18:15 15/12/20
Corrían as 12:30h cando se rexistraba un accidente mortal en Bértoa, Carballo, na propia AC-552. Un home era atropelado nunha zona na que non había paso de peóns, e falecía. Os ocupantes do vehículo implicado no atropelo estaban ilesos.
Ademais o 061, acodiron Bombeiros de Carballo, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.
Accidente en Buño
Así mesmo, á mesma hora, acontecía un accidente no O Empalme, Buño, Malpica. Tratouse dunha saída de vía dun vehículo que colisionou contra outro coche estacionado na beiravía pero senprovocar atrapados nin feridos. O único ocupante do vehículo que se saíu, ficou ileso. O GES de Ponteceso, que se fixo cargo da limpeza de vía, Bombeiros de Carballo, ambulancia e Garda Civil de Tráfico.