Domingo. 05.07.2020
El tiempo

Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula

Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
Os voluntarios recolleran unha boa parte dos refugallos plasticos do areal de Baldaio Os voluntarios recollerán unha boa parte dos refugallos plásticos do areal de Baldaio Dentro dun convenio de colaboración entre a asociación ambiental Mar de Fábula, Decathlon e a fundación Biodiversidad, este domingo terá lugar na praia de Baldaio unha xornada de voluntariado ambiental que consistirá na limpeza do areal e que comeza ás 10:30 horas. A xornada está aberta a todos os interesados e tamén participarán empregados e empregadas das tendas de Decathlon situadas en Ferrol e na Coruña que - dirixidos polos monitores de Mar de Fábula - identificarán, recollerán e separarán os refugallos plásticos despositados ao longo da liña de marea. Ao mesmo tempo impartiranse as debidas explicacións para o coñecemento, respecto e posta en valor da paisaxe, da flora e da fauna deste importante espazo natural. O concello de Carballo é o encargado de dar o apoio loxísitico a esta actividade. A limpeza levarase a cabo durante a mañá e, ao remate, celebrarase un picnic de confraternidade entre todos os participantes. O lugar de encontro será o apardoiro da praia de Baldaio ás 10:30 horas do domingo. Para participar é imprescindible anotarse en decathlonmedioambiente.es facilitando nome, apelidos, e enderezo electrónico. Decathlon pon a disposición dos participantes un bus que sairá ás 09:30 horas da tenda de Ferrol e ás 10 horas da de A Coruña. Novas relacionadas Fonte 

comentarios