Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Berrombán fai memoria en Carballo

Chiqui Pereira e Paula Carballeira son Berrobamban_2
Chiqui Pereira e Paula Carballeira son Berrobambán
Berrombán fai memoria en Carballo

”Facer memoria” é o novo proxecto da compañía Berrobambán apoiada polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña. Un proxecto “escénico e vivencial” que arrinca o luns en Mañón e continuará a xira provinical por Teo, Carballo e Outes.

A posta en escea é especial, rompendo os límites entre o escenario e o patio de butacas que conduce a narradora oral e dramaturga Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Pereira.

Haberá xuntazas abertas nos centros sociais, entrevistas persoais, reunións con escolares, difusión dun podcast e un encontro-espectáculo final, que servirán para recuperar a memoria oral, conservar a lingua e darlle valor á memoria individual como paso previo para reconstruír a memoria colectiva.

A proposta chega no marco do extraordinario programa do FIOT, pivotando entre as parroquias carballesas de Oza e Verdillo ao longo da semana que vai dende o luns 3 ao domingo 9.

Novas relacionadas

Comentarios