Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Biblioteca Rego da Balsa énchese por nadal

biblioteca_Rego-da-Balsa-Carballo-nadal-2021
1
A Biblioteca Rego da Balsa énchese por nadal

Este venres 3 de decembro acéndese o alumeado de Nadal. Pero Carballo xa vai quecendo as datas cun completo programa da man da activa Biblioteca Rego da Balsa, que ademais, xa ofrece o seu almanaque cunha guía arquitectónica carballesa.

Xa este mércores 1 de decembro hai un contacontos con Trinke Trinke, e sen tempo a descansar toca o xoves 2 unha tarde poética con Raúl G. Herrera a partir das 19:00h.
Xa o sábado 4, a partir das 11:00h, o singular Festival IncluSon da man de Aloumiños, unha cita tremendamente singular con Paula Gándara.

O Mércores 15 terá un espectáculo musical para toda a familia con Jorge Casas e Lorena Hermida.

E para rematar, o venres 17 un encontro literario con Sergio Moure de Oteyza.

Cómpre reservar entradas no 981 758580.

Máis novas do Nadal

Comentarios